Saturday 04 de May de 2024

Alternativa reclama a urxente reparación do cableado da iluminación pública do Apeadeiro de Cecebre


A calzada que discorre polo Apeadeiro atópase en varios tramos levantada, deixando o cableado soterrado da iluminación pública á vista.
Tras reunirse con veciñanza da zona, o portavoz de Alternativa dos Veciños de Cambre Raúl Varela recibiu, entre outras queixas, información sobre este feito que conleva a un claro perigo para os viandantes, xa que se trata de iluminación de alta tensión.
Alternativa enviou un comunicado ao concello esixindo a súa pronta reparación.